miércoles, 16 de mayo de 2012

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS "LETRAS GALEGAS"

Dende 1963 en Galicia, celebramos o  Día das Letras Galegas para homenaxear a aqueles homes e mulleres que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa  da nosa lingua.
Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.
A data de celebración deste evento débese a que tal día como este, 17 de maio, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" da escritora galega Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento ou renacemento cultural do galego. Este ano o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
Os nenos de educación infantil e educación primaria asistiron xuntos ás actuacións musicais dos grupos "Fume de caroso" e "Armando Ruído y los Constantes"
Pasamos unha tarde moi divertida convinando dous estilos musicais diferentes, por unha banda tivemos a un grupo de gaiteiros que nos trouxo a profe Bea, sendo un dos membros o seu pai, e pola outra un grupo rock de nova creación cun futuro prometedor, tendo en conta que os integrantes son alumnos do Colexio encabezados polo profe Camilo. Os rapaces quedaron sorprendidos ao ver aos seus "compañeiros da ESO" facendo tan boa actuación, polo que vos emprazamos a que nos convidedes a futuros concertos. Ánimo e... "Vós sí que valedes!".
Gracias no nome de todos.


E como non ía a ser todo cantar e bailar tamén tocou un pouco de traballo, pero con este pódese ben, non sí? Pois aquí tedes as imaxes que o demostran.


4 comentarios:

  1. Que bien se lo han pasado nuestros alumnos con estas actuaciones musicales!!!!!!!!!!!!
    Enhorabuena al grupo musical liderado por el profe Camilo, y de forma un poco más cariñosa a Ángel y J.Carlos que han sido alumnos especiales para mi y ahora, me sorprenden siendo fantásticos "rockeros".

    Un beso muy grande y quiero más!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ha sido un placer tocar para un público tan bueno,espero que nos escucheis en fin de curso y que disfrutéis de nuestra música

      Gracias!!

      Eliminar
  2. Armando Ruido & Los Constantes16 de mayo de 2012, 20:50

    Foi un auténtico luxo compartir a nosa estrea mundial como banda cun público tan receptivo e agarimoso. É só Rock & Roll pero gústanos. Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Que tarde tan chula, a los pitufos les ha encantado compartir con sus compis mayores la música galega, tanto la tradicional como la moderna. Pitufibesos a todos y gracias "pola troula". Profe Belén.

    ResponderEliminar