viernes, 15 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A celebración do Día das Letras Galegas, cada 17 de maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.


O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro. 

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Fernando Filgueira Valverde.


(Clica sobre a imaxe para coñecer a súa vida e obra.)



 Filgueira Valverde

No hay comentarios:

Publicar un comentario