martes, 19 de mayo de 2015

"BALONMÁN NA RÚA"


O domingo 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas,  tivo lugar a festa de clausura das Escolas de Balonmán da Deputación Provincial. Foron convidados os alumnos do noso Colexio que participan nesta actividade. Foi unha gran festa, onde os rapaces gozaron do deporte e dunha xornada de convivencia con rapaces doutras categorías e colexios. O centro de Cangas paralizouse para converterse en pequenas pistas de balonmán onde os nenos non se cansaron de pasalo ben cos seus compañeiros.

Dende o colexio queríamos agradecer a labor do Profesor Adrián, a toda organización (monitores, directores, ...) aos papás e nenos que participaron neste proxecto. Esperamos seguir participando todos os anos vindeiros.

Vémonos nas pistas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario