martes, 14 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas 2013 á figura de Roberto Vidal Bolaño. Coñecido pola súa actividade teatral, tamén o podes lembrar por participar en diversas series televisivas, como Mareas vivas.

Naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade no 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro.

A súa producción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e dos oitenta lograra diversos premios, o recoñecemento artístico de Vidal  Bolaño non se produciu ata os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Álvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92"...) normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e o público en xeral.

A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos.
 A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construcción dun teatro nacional galego.



No hay comentarios:

Publicar un comentario