viernes, 9 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron.

  Do 1 ao 11 de novembro celébrase o Magosto. É unha festa de orixe celta que logo foi cristianizada. Tiña un carácter agrario, asociada aos santos e defuntos, por ser a castaña unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Segundo crenzas antigas era como un símbolo da ánima dos defuntos;  entendíase, que cada castaña comida era unha alma liberada. Dise tamén, que despois da festa, as almas víñanse quentar nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas na borralla.

¡ Mirade que ben o pasamos no noso Magosto !


1 comentario:

  1. Sin dúbida ningunha o magosto foi fántástico, aínda que o tempo, coma sempre, parecía querer estropearnos o día, nin a brétema pudo cos nosos pequechos nin cos maiores!!! Feliz San Martiño a todos. Profe Belén.

    ResponderEliminar