miércoles, 31 de octubre de 2012

SAMAÍN 2012 "CONCURSO DE CABAZAS"

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días oscuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día, aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Seguindo esta costume, algúns dos nosos rapaces trouxeron o colexio unhas cabazas moi divertidas e orixinais que vos presentamos a continuación.

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!!

2 comentarios:

  1. Enhorabuena peques, son todas chulísimas, FELIZ SAMAÍN.

    ResponderEliminar
  2. Eran todas muy chulas y con mucho trabajo. El pasillo estaba precioso con esa decoración tan original. Gracias a todos por participar y a vuestros papás por echaros una "manito"

    ResponderEliminar